O Concello avanza nos trámites de cara á recepción do Novo Auditorio

A Xunta de Galiza remitiu á concellería de infraestruturas a convocatoria para a formación do persoal técnico municipal

Alexandre Penas: “Alegrámonos de que a Xunta de un paso adiante para completar a entrega dunha infraestrutura necesaria para Lugo”

O Concello avanza nos trámites de cara á recepción do Novo Auditorio

Lugo, 07 de xaneiro de 2020. O persoal municipal designado pola concellería de infraestruturas urbanas recibirá a formación necesaria sobre o funcionamento e manexo dos equipamentos do Novo Auditorio. Segundo declarou o concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas “a Xunta de Galiza enviou no día de hoxe a convocatoria, despois de que se lle pedira ao Delegado Territorial no mes de decembro e xa con anterioridade nos meses de abril e maio”.

 “Alegrámonos de que a Xunta de Galiza de un paso adiante para completar a entrega desta infraestrutura, que é necesaria para Lugo”, declarou Alexandre Penas, que engadiu “o seguinte paso, unha vez que o persoal técnico reciba esta formación, será realizar as revisións técnicas para comprobar se o edificio e o equipamento se adecúan ao proxecto”. Alexandre Penas indicou que “estas revisións serán realizadas por persoal das distintas áreas implicadas, entre elas, enxeñería, arquitectura ou medio ambiente”.

O convenio asinado entre Xunta e Concello para a instalación do equipamento técnico do Auditorio recolle, entre os compromisos, o de que a empresa adxudicataria ofrecerá formación técnica a persoal designado polo concello. Dende o propio concello sinalouse que "xa no mes de abril, o Concello informou, a requirimento da Xunta, da relación de persoal que recibiría a formación necesaria sobre o equipamento