O OBXECTIVO DO PROXECTO É ANALIZAR OS PATRÓNS DE CONSUMO DE ALCOHOL, TABACO E CANNABIS, O USO PROBLEMÁTICO DE PANTALLAS E A SÚA RELACIÓN COA SAÚDE MENTAL

Educación difunde as actividades sobre un estudo sobre o consumo de substancias psicoactivas en Catalunya e Galiza realizado pola UOC e a USC

O obxectivo do proxecto é analizar os patróns de consumo de alcohol, tabaco e cannabis, o uso problemático de pantallas e a súa relación coa saúde mental

O estudo elaborarase con datos de estudantes de secundiaria, entre 12 e 18 anos

Educación difunde as actividades sobre un estudo sobre o consumo de substancias psicoactivas en Catalunya e Galiza realizado pola UOC e a USC



Lugo, 18 de marzo de 2024. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que a Tenencia de Alcaldía a través da Concellería de Educación colaborará na difusión do proxecto de investigación que están a realizar a USC e a UOC, destinado a analizar os factores asociados ao consumo de sustancias psicoactivas, adiccións comportamentais e os seus determinantes en adolescentes en Catalunya e Galiza. Rubén Arroxo afirmou que "esta é unha iniciativa importante que nos permitirá coñecer mellor a incidencia destas substancias entre a mocidade galega e catalá".

A Concellería de Educación dará difusión ás actividades do grupo de investigación epi4health, especialista en Epidemioloxía e Saúde Pública no contexto dixital, que ten como obxectivo o estudo dos comportamentos de saúde en poboacións especialmente vulnerables, como os adolescentes, e o deseño e avaliación de intervencións de saúde e o uso das TIC para promover cambios nos comportamentos relacionados coa saúde.

O obxectivo desta investigación é analizar os patróns de consumo de alcohol, tabaco e cannabis, o uso problemático de pantallas e a súa relación coa saúde mental, a accesibilidade e a exposición á promoción destas sustancias e determinantes sociais en estudantes de secundaria de 12 a 18 anos de Catalunya e Galiza entre 2024 e 2025.

Nunha primeira fase, o grupo de investigación contratará a unha persoa para organizar o traballo de campo de toma de datos nos centros de ensino de Lugo e na súa contorna. Será unha contratación temporal de 6 meses ao 55% da xornada completa con previsión de incorporación en marzo de 2024. Toda a información relacionada coa oferta de emprego pode atoparse na seguinte ligazón:
https://selection.uoc.edu/web/offersjob/offerdetails.aspx?offerID=FD4981BC46E93658C84D9AF2788DC129F65A3295244079865AB53B017DBCB08A

 

--

Educación difunde as actividades sobre un estudo sobre o consumo de substancias psicoactivas en Catalunya e Galiza realizado pola UOC e a USC