MAITE FERREIRO: "A EXPOSICIÓN DESCUBRE COMO ERA O MUNDO E O OCIO DAQUELA ÉPOCA, ASÍ COMO AS CLAVES PARA ENTENDER O PAPEL QUE TIVO O PROPIO MÉLIÈS"

Maite Ferreiro inaugura a nova exposición Empieza el espectáculo. Georges Méliès y el cine de 1900

A mostra situada na praza da Horta do Seminario traslada ás persoas visitantes ao ambiente do s.XX para explicar o nacemento do cine como fenómeno social

Maite Ferreiro: "A exposición descubre como era o mundo e o ocio daquela época, así como as claves para entender o papel que tivo o propio Méliès"

A mostra estará aberta ao público dende o 15 de novembro ao 9 de decembro

Maite Ferreiro inaugura a nova exposición Empieza el espectáculo. Georges Méliès y el cine de 1900

 

Lugo, 14 de novembro de 2023. Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, xunto á directora da Área de Negocio de CaixaBank en Lugo, Elena Rodríguez; a responsable territorial da Fundación "La Caixa" en Galiza, Susan Santos; e o asesor da mostra, Jaime Gonzálezpresentaron hoxe Empieza el espectáculo. Georges Méliès y el cine de 1900, mostra que explica o nacemento do cinema e rende homenaxe a quen se considera coma o primeiro ilusionista do cine.

A exposición traslada ás persoas asistentes a unha feira no cambio do século, coas súas barracas e o seu ambiente festivo. Foi neste contexto onde o cinema tomou forma coma espectáculo: diversión e emocións. E en boa medida foi grazas ao protagonista da mostra, Georges Méliès, que soubo entender o que quería a xente e como facela soñar e distraerse. Maite Ferreiro destacou a relevancia deste tipo de proxectos que "prestan unha atención preferente ás manifestacións artísticas fundamentais do século XX, e que permiten que esas formas de expresión cheguen ata os nosos días".

"Os distintos espazos e recursos expositivos da mostra descubren como era o mundo e o ocio daquela época, así como as claves para entender o papel que tivo o propio Méliès", insistiu a concelleira. A exposición inclúe varias películas do director –que se complementan cunha selección de filmes dos irmáns Lumière-, audiovisuais, copias de fotografías da época e reproducións de carteis, debuxos e unha maqueta do estudo de Méliès en Montreuil.

A mostra tamén inclúe «Participa Méliès», unha actividad educativa e participativa, aberta a todo o mundo —público xeral, familiar e escolar— e que ofrece a posibilidade de demostrar o noso inxenio e creatividade a través dos fantásticos trucos do inventor dos efectos especiais. Toda a información está dispoñible en www.participamelies.com.

 
Maite Ferreiro inaugura a nova exposición Empieza el espectáculo. Georges Méliès y el cine de 1900