O BNG APOSTA POR TER, DENTRO DO CONCELLO, UN PROGRAMA DE MANTEMENTO DAS ZONAS VERDES DO CONCELLO

“Teremos unha maior atención polos espazos verdes” dixo Rubén Arroxo nas Gándaras

O candidato do BNG lamentou “que a alcaldesa faga fotos facendo que planta árbores e teña as zonas de esparcemento da Gándaras abandonadas”

“Teremos unha maior atención polos espazos verdes” dixo Rubén Arroxo nas Gándaras

Lugo, 29 de abril 2019. O candidato do BNG, Rubén Arroxo, reclamou maior atención para as zonas de esparcemento do Polígono das Gándaras. Arroxo referiuse ao acto mediatico da alcaldesa facendo que plantaba unha árbore neste lugar e pediu "medidas efectivas para arranxar o mobiliario que está totalmente destrozado e unha maior limpeza no entorno que está cheo de plásticos".

O candidato do BNG visitou o para que empresarial e sinalou que "fíxose un grande investimento de fondos europeos para desenvolver medidas medio ambientais, mentres o aspecto da zona é de total abandono". Arroxo apuntou que “o goberno local está facendo bandeira do proxecto Life que se desenvolve nesta zona e non se dan conta que teñen esto cheo de plásticos e o mobiliario urbán totalmente destrozado”.

“Teremos unha maior atención polos espazos verdes” dixo Rubén Arroxo que avanzou que “dentro do noso programa de goberno temos un importante apartado adicado á necesidade de manter as zonas verdes da cidade en condicións idóneas para o seu disfrute”.