RUBÉN ARROXO DESTACOU “A DILIXENCIA COA QUE ACTUOU A VALEDORA NESTE ASUNTO, O QUE AMOSA QUE É UNHA CUESTIÓN IMPORTANTE PARA AS INSTITUCIÓNS AGÁS PARA A XUNTA”

A Valedora do Pobo trasladaralle á Xunta as demandas do BNG sobre o barrio da Tinería

IMG_0219

O BNG-AA solicitou, o pasado 5 de xuño, a intervención da Valedora do Pobo en relación ao estado de abandono que sufre o barrio da Tinería

A Valedora do Pobo trasladaralle á Xunta as demandas do BNG sobre o barrio da Tinería

Lugo, 16 de xuño 2017. A Valedora do Pobo trasladaralle ao goberno da Xunta de Galiza, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, as demandas do BNG en relación ao barrio da Tinería. Foi o pasado 5 de xuño cando o voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, presentou un escrito formal ante a oficina do Valedor do Pobo para advertir da situación de abandono na que se atopa a o Barrio da Tinería. No seu escrito, Arroxo describiu o estado de abandono do barrio, tanto no relativo á paralización da rehabilitación de edificios, como no aspecto social e as repercusións deste abandono na cidade.

Arroxo destacou que no entorno da Tinería están situados tres elementos Patrimonio da Humanidade e “a pesar disto” a Xunta de Galiza non está a facer unha aposta sería pola conservación e posta en valor dun barrio que “podería ser o pulmón económica da cidade”, en canto á atracción turística, ademais de existir múltiples elementos con alto valor patrimonial, como son o Pazo de Dona Urraca, os Fornos atopados, a cloaca romana, ou o Hospital do Camiño por mencionar algúns. Arroxo sinalou que “o BNG toma esta determinación por que, a pesares, de que xa o levamos, en varias ocasións, ao Parlamento Galego e ao Pleno do Concello non se fixo nada”.

Para o BNG-AA “a Xunta fai deixación de funcións” nunha zona que precisa de intervencións urbanistas, patrimoniais e de tipo social. “Vemos como o barrio continúa deteriorándose e o único que se fai é anunciar un investimento desmesurado para a rehabilitación dunha sola casa” sinalou Arroxo en referencia aos máis 800.000 euros anunciados para rehabilitar unha casa de unha planta. Arroxo dixo que “dende o BNG sempre entendemos que na Tinería hai que darlle continuidade ao plan integral de rehabilitación e rehabitación iniciado no bipartito e paralizado polo partido popular cando chegou ao goberno da Xunta no ano 2009”.

Celeridade na tramitación

O BNG-AA presentou o 5 de xuño unha solicitude ante a Valedora do Pobo denunciando a situación da Tinería e pedindo o seu ampara. Con data do 8 de xuño a Valedora do Pobo xa deu contestación admitindo a demanda do BNG-AA e o día 13, deste mesmo mes, a propia Valedora, Milagros Otero, asina un escrito no que textualmente di: Unha vez recibido o seu escrito procedemos a remitilo á Consellería de Infraestruturas e Vivenda. No propio escrito da Valedora  dis, tamén, que Tendo en conta o contido do artigo 14.4 da Lei 6/1984... non podemos tramitar o seu escrito como queixa, debendo vostede como concelleiro formulala ante o concello ou ante a propia Xunta de Galiza.

A Valedora do Pobo trasladaralle á Xunta as demandas do BNG sobre o barrio da Tinería