42 relatos curtos competiron no Certame de Mircorrelatos do MIHL

Maite Ferreiro entregou esta tarde os premios ás tres persoas gañadoras

As persoas gañadoras recibiron premios por valor de 300€

 

42 relatos curtos competiron no Certame de Mircorrelatos do MIHL

Lugo, 17 de novembro de 2021. No día de hoxe tivo lugar no MIHL a entrega de premios do certame de Microrrelatos organizado dentro da programación anual de actividades da área de Cultura para o MIHL. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, destacou na entrega de premios "a creatividade das persoas que ano tras ano deciden presentarse a este certame".

O xurado, formado por Beatriz Dourado, Lois Pérez e Marcos López escolleu aos tres relatos gañadores de entre as 42 obras presentadas, que tiveron unha extensión máxima de 30 palabras

Namorado, de María Fernanda Arrojo resultou o relato gañador do primeiro premio, valorado en 150€. No segundo lugar, con 100€ de premio, situouse Vímolo, de Lucero Robles. O último relato premiado, con 50€, foi Catorce meses e dez días, de Laura Ferreira Freire.

42 relatos curtos competiron no Certame de Mircorrelatos do MIHL