AS OBRAS DE RECONSTRUCIÓN DO FIRME E DA REDE DE PLUVIAIS CONTARON CUN ORZAMENTO DE 109.800 EUROS
Aberta ao tráfico a rúa Salvador de Madariaga
A execución das obras realizouse nun prazo menor ao estipulado na adxudicación que era de 4 meses
Lugo, 12 de xullo de 2019. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou da apertura ao tráfico da rúa Salvador de Madariaga. As obras comenzaron a finais do pasado mes de maio e contaron cun orzamento de 109.800 euros. A execución das obras realizouse nun prazo menor ao estipulado na adxudicación que era de 4 meses.
Deste xeito o Concello mellorou o estado da rúa, que se atopaba cun deficiente estado na banda de rodadura, con múltiples zonas blandas, gretas e o pavimento cuarteado. Tamén se modernizou a rede de saneamento que contaba cun colector central moi antigo e varios pozos fóra de servizo.
Con esta intervención de reconstrución, o concello de Lugo e a Área de Infraestruturas garante as boas condicións de distintos servizos públicos e mellora a calidade de vida e o benestar da veciñanza da contorna e da cidadanía.