FELIPE RIVAS: “TRABALLAREMOS PARA QUE A XUNTA ASUMA AS COMPETENCIAS QUE LLE SON PROPIAS”

Ábrese o prazo de solicitude das axudas para libros de texto e material escolar

As familias interesadas deberán presentar a solicitude nos vindeiros 15 días

Ábrese o prazo de solicitude das axudas para libros de texto e material escolar

 

Lugo, 27 de agosto de 2019. O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou que se abre o prazo para solicitar as axudas para libros de texto e material escolar para familias con escasos recursos no segundo ciclo de educación infantil para o curso 2019-2020. Felipe Rivas indicou que “as actuacións en materia de educación son competencia da Xunta de Galiza”, e engadiu que “estamos a realizar un importante esforzo económico para que as familias con baixos recursos poidan contar con estas axudas, mais traballaremos tamén en que a Xunta asuma as competencias que lle son propias”.

 

Felipe Rivas informou que dende a concellería de Educación se repartirán un total de 40.000€ en axudas individuais de 100€ a persoas que estean empadroadas en Lugo, para investir nas librerías do concello en libros de texto e material escolar para os alumnos e alumnas matriculadas en centros sostidos con fondos públicos. As axudas adxudicaranse aos solicitantes cuxa renda familiar non supere 0.66 veces o IPREM, sendo o único criterio a contía da renda de menor a maior. No caso de non cubrirse todas as solicitudes, continuaranse adxudicando ás beneficiarias cuxa renda familiar anual non supere  0.80 veces o IPREM.

 

O concelleiro de Educación indicou que para realizar as solicitudes as persoas interesadas deberán presentar a solicitude e a documentación requirida no rexistro do Concello nos próximos 15 días.

Ábrese o prazo de solicitude das axudas para libros de texto e material escolar