Ada Blanco encabezará a candidatura do BNG á alcaldía de Friol
A asemblea local da fronte patriótica decidiu pór a esta muller de 19 anos para abrir un novo rumbo en Friol
Ada Blanco “desde o BNG imos traballar con toda a ilusión para que Friol avance e amosar que desde o rural temos un milleiro de oportunidades de futuro”
Friol, 04 de marzo de 2023.- O Bloque Nacionalista Galego en Friol celebrou unha asemblea, para decidir quen será a persoa designada para encabezar a candidatura da organización nas vindeiras eleccións municipais de maio.
A asemblea decidiu, por unanimidade, que sexa Ada Blanco Rodríguez. Unha muller de 19 anos, natural da parroquia de Condes e traballadora da explotación familiar de leite en ecolóxico.
Ada Blanco, candidata do BNG, declarou “asumo este reto con toda a ilusión de poder traballar para mellorar Friol, e o BNG está preparado para poder acadar de novo a representación no Concello”
De igual xeito, Ada Blanco subliñou “temos confianza na capacidade de Friol para poder traballar e vivir aquí, desde o rural temos un milleiro de oportunidades de xerar futuro e que a xente moza, coma min, vexa con esperanza un proxecto de vida e traballo desde aquí, por iso, saímos a por todas”