Alexandre Penas e Felipe Rivas visitan o colexio de Paradai, onde se vén de instalar novo mobiliario urbano
Alexandre Penas: “atendemos unha solicitude da comunidade educativa, colaborando co resto de concellerías do goberno de Lugo”
A concellería de Infraestruturas instalou novos aparcabicis e bancos no colexio de Casás,
“continuaremos avanzando atendendo ás solicitudes recibidas”, afirmou Alexandre Penas
Lugo, 15 de febreiro de 2022. A concellería de Infraestruturas Urbanas vén de instalar novos aparcabicis e bancos no colexio de Casás, “respondendo a unha solicitude da comunidade educativa trasladada pola concellería de Educación”, explicou Alexandre Penas.
“Desde o Goberno de Lugo continuaremos a atender as distintas solicitudes de mobiliario urbano nos centros escolares para facilitar que as nenas e nenos, ademais do persoal docente poidan asistir aos centros de ensino usando a bicicleta”, explicou Alexandre Penas, que engadiu “estas medidas compleméntanse co plan de calmado de tráfico posto en marcha desde a nosa chegada ao goberno e que permitiu contar cun tráfico máis calmado na contorna dos centros de ensino”.
Durante o ano pasado, o Goberno de Lugo ampliou a capacidade de aparcabicis da cidade, colocando novos puntos no aparcadoiro municipal do Seminario Menor, na contorna do Colexio Cervantes, en Paradai, Fontiñas, na prazas do Castiñeiro e Agro do Rolo e na rúa Bispo Aguirre. Segundo Alexandre Penas, "esta acción da un paso máis no novo modelo de mobilidade que se está a implantar en Lugo, con menos coches nas rúas, e cun maior uso do transporte público e da bicicleta".