“APOSTAREMOS POLA NOSA CULTURA SEN COMPLEXOS” DIXO RUBÉN ARROXO

“APOSTAREMOS POLA NOSA CULTURA SEN COMPLEXOS” DIXO RUBÉN ARROXO

DSC_0454O candidato do BNG – Asambleas Abertas cualificou como “paletismo-colonizado” o feito de que nun evento sobre a retranca “máis da metade dos retranqueiros sexan de fora de Galiza

Arroxo dixo que “a xente agradece que as institucións acheguen a Lugo artistas e literatos galegos e nunha programación coma esta é un engano ver madrileños ensinándonos o que é a retranca”

. O candidato do BNG – Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, dixo que “nos apostamos e apostaremos, sen complexos pola cultura galega”. Rubén Arroxo referiuse á última programación cultural feita dende o goberno municipal, que leva por nome Festival da Retranca, e cualificou como “paletismo-colonizado” o feito de que nun evento sobre a retranca “máis da metade dos retranqueiros sexan de fora de Galiza.

Arroxo sinalou que, “a nosas politicas en materia lingüística e cultural serán de clara defensa do noso” e engadiu que “unha representación tan ampla de artistas traidos dende Madrid para un envento deste tipo non demostra máis que a consideración que Orozco e o seu goberno ten da cultural galega”. Arroxo dixo que “en Galiza temos artistas, humoristas e escritores en calidade e cantidade suficiente como para encher unha, dúas e tres programacións coma esta”.

Rubén Arroxo exemplificou as carencias desta programación dicindo que “por descoñecemento ou intención esquenceron un dos humoristas con máis retranca do mundo como é o autor das viñetas de O Carrabouxo”. Arroxo, utilizando a súa propia retranca, afirmou que “ao mellor, atendendo ao noso concepto de país, o PSOE trouxo tanta xente de Madrid para darlle o caracter internacional que pregoa o nome do evento”.

“APOSTAREMOS POLA NOSA CULTURA SEN COMPLEXOS” DIXO RUBÉN ARROXO