XOÁN CARLOS PADERNE SERÁ O CABEZA DE LISTA DO BNG-ASAMBLEAS ABERTAS EN MONTERROSO
Xoán Carlos Paderne encabeza por vez primeira unha candidatura do BNG-AA co convencemento de que só o BNG-AA é garantía de honradez, traballo e transparencia para Monterroso"
Para o candidato do BNG Asambleas Abertas hai que democratizar e dinamizar a vida do concello"
Monterroso, 25 de marzo de 2015. Xoán Carlos Paderne Gómez, de 37 anos de idade, será o cabeza de lista do BNG Asambleas Abertas á alcaldía do concello de Monterroso nas vindeiras eleccións municipais do mes de maio. A Asemblea Local de Monterroso ratificou a este militante do BNG, comercial de profesión e con orixes na parroquia monterrosina de Lodoso, para ser a persoa que encabezará, no vindeiro mes de maio e por primeira vez, a candidatura do BNG na localidade. O candidato do BNG Asambleas Abertas sinalou que ten que ser o concello que lle plante cara ao goberno da Xunta para que non discriminen a Monterroso, como está a suceder día si e día tamén.
Xoán Carlos Paderne anunciou que o programa do BNG-AA xirará entorno á democratización no concello para abrilo ás veciñas e veciños e para rematar coa falla de trasparencia que sofrimos a diario Para Paderne compre actuar contra a falta de xestión e o despilfarro do actual goberno municipal cos cartos públicos. Os nacionalistas apostan por incrementar a representación na corporación.
Ademais, engadiu Paderne, dende o BNG AA loitaremos para que todas as xestións que leva a cabo o concello sexan claras e transparentes. Apostamos por outro xeito de gobernar, baseado no traballo, na seriedade e na transparencia dixo o candidato do BNG-AA.
Xoán Carlos Paderne quixo agradecer o apoio das compañeiras e compañeiros do BNG-AA que confiaron nel para encabezar esta candidatura ás vindeiras Eleccións Municipais e, indicou, que afrontamos estas vindeiras eleccións con ilusión e co convencemento de que é moi necesario un cambio en Monterroso, un cambio que só pode vir da man do BNG-AA. Así mesmo, adiantou que o BNG-AA en Monterroso levará a cabo unha campaña electoral moi activa, porta a porta, falando con todas as veciñas e veciños para escoitalos e trasladarlles as propostas do BNG-AA co convencemento, indicou Paderne, de que só o BNG-AA é garantía de honradez, traballo e transparencia para Monterroso.