A área de Cultura e o Colectivo Glovo abren a convocatoria do primeiro programa de residencias artísticas e investigación Atopémonos bailando
Maite Ferreiro: “trátase dunha convocatoria aberta a todas as profesionais da danza e das artes do movemento para realizar proxectos na cidade durante este ano”
A área de Cultura consolida o seu apoio ao sector da danza con esta convocatoria que permitirá avanzar na investigación e na creación de proxectos e espectáculos
Lugo, 03 de marzo de 2022. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro presentou xunto con integrantes do Colectivo Glovo a Convocatoria de residencias artísticas e de investigación Atopémonos Bailando para profesionais de danza e artes do movemento a realizar durante o ano 2022 na cidade.
“Con Atopémonos Bailando desde a área de Cultura do Concello de Lugo consolidamos o noso apoio ao sector da danza facendo fincapé con este proxecto na primeira fase de investigación e creación de espectáculos, xunto cos outros proxectos da cidade como poden ser o Festival Cartografía en Movemento e o Ciclo LED Lugo En Danza”, declarou Maite Ferreiro
O proxecto Atopémonos Bailando ten como obxxectivos impulsar e apoiar a creación e investigación en danza e artes do movemento de compañías de ámbito galego, estatal e internacional creando un espazo para a realización de residencias de creación e investigación, con especial atención ás creadoras de Galiza, e difundir e achegar os procesos de creación en danza contemporánea á veciñanza a través dunha programación de calidade, diversa, innovadora, internacional e gratuíta.
A área de Cultura e o Colectivo Glovo abren o proceso para que as profesionais da danza e artes do movemento a presentar os seus proxectos para a realización dun máximo de 6 residencias artísticas ou de investigación para ser realizadas entre os meses de maio e outubro de 2022 en Lugo. As profesionais interesadas poden presentar as súas solicitudes entre o 4 de marzo e o 31 de marzo de 2022, para realizar as súas residencias entre o 1 de maio e o 30 de outubro nas instalacións do MIHL.
Toda a información pode atoparse na web do proxecto, http://www.atopemonosbailando.