RUBÉN ARROXO DESTACOU “A COLABORACIÓN MANTIDA COA ASOCIACIÓN VECIÑAL DO BARRIO PARA COÑECER DE PRIMEIRA MAN AS NECESIDADES DAS VECIÑAS E VECIÑOS DA ZONA”

A área de Mobilidade realiza varias intervencións no barrio de Paradai

O Tenente de Alcalde afirmou que “a atención ás necesidades dos distintos barrios da cidade é prioritaria para a área de Mobilidade e Infraestruturas”

A área de Mobilidade realiza varias intervencións no barrio de Paradai

Lugo, 15 de xullo de 2020.  O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitaron o barrio de Paradai, onde nos últimos días se colocaron elementos para o calmado do tráfico nas rúas Río Sil e Alexandre Bóveda. Rubén Arroxo afirmou que “se trata de actuacións solicitadas pola veciñanza da contorna, a través da  asociación veciñal”.

Arroxo avanzou que “estamos a preparar outra serie de intervencións na contorna, tamén necesarias e moi solicitadas pola veciñanza”. Segundo Rubén Arroxo,  “desde a área de Mobilidade e Infraesturas realizamos, coas peticións realizadas pola veciñanza xunto coas visitas constantes aos distintos barrios da cidade, plans de atención para garantir a calidade de vida de toda a veciñanza de Lugo”.

A área de Mobilidade realiza varias intervencións no barrio de Paradai