A Área de Participación e a propia concelleira Cristina López agradecen "o civismo demostrado polas vendedoras do mercado tradicional"
A edil agradeceu tamén a implicación do persoal de mercados no bon funcionamento do mercado que se trasladou á praza da Soidade
O mercado tradicional manterase nesta praza mentres se executan as obras da parte baixa da praza de Abastos, onde se viña celebrando todos os martes e venres
Lugo, 26 de febreiro de 2021. A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, quixo agradecer publicamente o civismos amosados por vendedores e vendedoras do mercado tradicional que se trasladou á praza da Soidade. López afirmou "puidemos comprobar, despois do mercado, o magnifico estado de limpeza no que quedaron as instalacións provisionais e todo o espazo onde se celebra o mercado". A concelleira encargada deste servizo sinalou "efectivamente pedímos, previamente, a colaboración de vendedoras e vendedores para manter limpo o entorno e demostraron estar á altura".
A concelleira amosou a súa satisfacción e dixo que "tanto en Frigsa como no entorno do mercado tradicional o grao de limpeza é, neste momento, óptimo e traballamos para que siga sendo así". A área de participación, dependente da Tenencía de Alcaldía está a desenvolver un traballo continuado de contacto coas persoas vendedoras para mellorar as condicións de venta e a calidade deste mercado que "debe ser modelico nesta cidade"