“A PRIMEIRA DAS ACTUACIÓNS SERÁ A CREACIÓN DE 11 PASOS DE CEBRA ELEVADOS NO ENTORNO DOS CENTROS EDUCATIVOS” SINALOU ARROXO
Arroxo anunciou un plan para incrementar a seguridade vial no entorno dos Centros Educativos
A primeira fase deste plan contará un orzamento duns 40.000 € procedentes dos remanentes cos que conta o concello e faranse os pasos elevados naquelas zonas máis prioritarias para garantir o acceso seguro a centros escolares
Lugo, 13 de xullo de 2019. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou a posta en marcha dun plan para incrementar a seguridade vial no entorno dos Centros de Ensino. Arroxo estivo acompañado do edil do reponsable de Educación, Felipe Rivas, e do Concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas. O plan estará dividido en varias fases e executarase dende a Área de Infraestruturas e Mobilidade que dirixe o Tenente de Alcalde con Concello, Arroxo explicou “estamos preparando varias actuacións na cidade que se farán de xeito coordinado entre as concellerías de Educación, Infraestruturas e Mobilidade”. “Para este último semestre do ano está previsto iniciar os proxectos de actuación e o primeiro deles materilizarase en breve” sinalou Rubén Arroxo.
Arroxo deu conta da distribución dos pasos de cebra elevados e explicou que 4 faranse na Av. de Ramón Ferreiro no entorno dos centros educativos, 2 garantirán o acceso seguro ao Colexio Illa Verde, 1 para acceder ao Colexión Rosalía de Castro, 2 no entorno das Mercedes e outros 2 preto do Pimentel. “Con esta intervención, que se fará con fondos procedentes dos remanentes dos que dispón o concello de Lugo, iniciamos unha serie de intervencións relacionadas coa mobilidade pensando nunha cidade amable coas persoas” afirmou Rubén Arroxo.
Aínda que non se precisou a data de comenzo das obras, o Tenente de Alcalde asegurou que “vaise actuar coa maior celeridade posible e trataremos de acurtar os prazos, para evitar as molestias á circulación e para que no vindeiro curso os accesos aos centros de ensino sexa máis seguros”. Ademais de mellorar a seguridade no acceso aos centros educativos a colocación destes pasos de cebra elevado servirá para “avanzar no calmado do tráfico” nas zonas onde se instalen. Arroxo sinalou que “traballamos para complementar as medidas que xa se están implantando dende a propia Dirección Xeral de Tráfico e que van encamiñadas a cidades con tráficos calmados e cun menor número de vehículos a motor circulando”.