Avanza o festival de arte Culturbán cunha nova intervención de Leandro Barea en Fingoi

Maite Ferreiro: “o Culturban permitiunos por segundo ano contar con intervencións artísticas que convirtan as rúas de Lugo en lugares vangardistas”

A área de Cultura aposta pola mellora da imaxe da cidade a través de intervencións artísitcas con muralistas cunha traxectoria recoñecida

Avanza o festival de arte Culturbán cunha nova intervención de Leandro Barea en Fingoi

Lugo, 23 de setembro de 2021. Continúa a segunda edición do festival de arte urbano Culturbán, organizado pola área de Cultura e o Espacio Lupa Arte coa execución dun novo mural nas rúas de Lugo, esta vez no muro exterior do pavillón do colexio de Fingoi. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Maite Ferreiro e o edil de Infraestruturas Alexandre Penas visitaron ao artista lucense Leandro Barea, que se está a encargar de realizar esta nova obra.

 

"Seguimos a traballar en intervencións artísticas na rúa que convirtan a Lugo nun lugar vangardista, participativo e amable ", explicou a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, que destacou “o éxito das intervencións da primeira edición do Culturban”. A edil de Cultura afirmou que “seguimos a apostar polo talento das e dos artistas cunha traxectoria recoñecible como é o caso de Leandro Barea”

 

O novo mural ocupará unha extensión de preto de 24 metros de ancho, e nel representaranse 7 viñetas co estilo habitual de Leandro Barea

Avanza o festival de arte Culturbán cunha nova intervención de Leandro Barea en Fingoi