“UNHA PERSOA TIVO QUE QUEDAR A DURMIR NUN HOTEL DA CIDADE POR QUE NON FOI CAPAZ DE QUE LLE ABRISEN O APARCADOIRO ONDE TIÑA O COCHE GARDADO E HOUBO MÁIS QUEIXAS” DIXO FERREIRO

O BNG – AA preguntará polo peche dos aparcadoiros públicos durante a noite

IMG_1880

Maite Ferreiro informou “existe informe da policía local que detalla que os aparcadoiros permanecen pechados durante a noite a da publicidade de que están abertos as 24 horas”

O BNG – AA preguntará polo peche dos aparcadoiros públicos durante a noite

Lugo, 17 de xaneiro 2017. A edil do BNG – AA no concello de Lugo, Maite Ferreiro, preguntará ao goberno municipal polas medidas que vai tomar en relación ao peche de aparcadoiros públicos durante as noites. Os nacionalistas trasladarán esta cuestión á comisión de queixas e suxestións do concello de Lugo para clarexar se o goberno ten intención de requerir á empresa no relativo a esta cuestión. Ferreiro dixo que “é interesante que se inicien as negociacións para a ampliación do tamaño das prazas de aparcamento pero tamén habería que analizar o peche durante as noites”.

Maite Ferreiro informou que “existe un informe da policía local que detalla que se fixeron varias inspeccións a diversas horas da noite e os aparcadoiros permanecen pechados a pesares de que exite cartelería que informa de que están abertos as 24 horas os 365 días do ano”. Os aparcadoiros públicos soterrados son unha concesión pública do concello de Lugo e o concello ten que velar polo cumprimento da lexislación. A edil do BNG – AA sinalou que este informe da policía local ven a confirmar varias queixas recibidas neste grupo municipal e o traballo de seguimento que os ediles nacionalistas levaban facendo durante un tempo.

“Unha persoa tivo que quedar a durmir nun hotel da cidade por que non foi capaz de que lle abrisen o aparcadoiro onde tiña o coche gardado e houbo máis queixas” dixo Ferreiro e engadiu “esta foi a causa pola que empezamos a facer un seguimento deste asunto e agora o informe da Policía Local ven a darnos a razón”. O BNG – AA reclamaralle ao goberno municipal que tome cartas no asunto xa que “non se pode permitir que unha concesionaría esté a xogar con publicidade enganosa na utilización dunha instalación propiedade do concello de Lugo”.

O BNG – AA preguntará polo peche dos aparcadoiros públicos durante a noite