O CONCELLO DE LUGO, NESTE MOMENTO, SOLO CONCEDE AS TARXETAS DE AUTORIZACIÓN DE APARCAMENTO ÁS PERSOAS QUE CONTAN CO DITAME E VALORACIÓN DA XUNTA DE GALIZA

O BNG-AA propón que o concello autorice provisionalmente o aparcamento para persoas con discapacidade

rIMG_1886

“Neste momento unha persoa que quede en cadeira de rodas pode ter que agardar máis dun ano polos informes da Xunta para poder solicitar a tarxeta” informou Maite Ferreiro

O BNG-AA propón que o concello autorice provisionalmente o aparcamento para persoas con discapacidade

Lugo, 22 de setembro de 2017. A edil do BNG-AA, Maite Ferreiro, propuxo na comisión de Benestar celebrada esta semana no concello de Lugo que se artelle un mecanismo para que persoas que sufren discapacidade poidan acceder a unha autorización provisional para utilizar as prazas de aparcamento reservadas a tal fin. Ferreiro explicou que “neste momento so se da autorización para uso de prazas de aparcamento reservadas a persoas con discapacidade a quen xa conta co recoñecemento definitivo por parte da Xunta de Galiza pero este recoñecemento pode tardar máis dun ano”. “Entendemos que o concello podería conceder estas autorizacións provisionais coa simple presentación dun certificado médico” propuxo Ferreiro.

Maite Ferreiro sinalou que “cando un persoa, por enfermidade ou accidente, queda con problemas de mobilidade multiplícanselle os problemas para acceder a calquera lugar e a vida sigue no día a día sobre a cadeira de rodas independentemente da axilidade burocrática” e engadiu “entendemos que o concello pode facilitar a vida destas persoas establecendo, de xeito provisional, autorizacións para o estacionamento nas prazas reservadas”. Ferreiro agradeceu a o apoio do goberno municipal e de todos os grupos da oposición para levar adiante esta proposta.

Dende o BNG-AA púxose como exemplo o caso de calquera persoa que, polas causa que sexa, quede en cadeira de rodas e que tería que agardar a que a Xunta de Galiza faga as valoracións correspondentes e ditamine o seu grado de invalidez para despois poder solicitar ante o concello a tarxeta de aparcamento en prazas para persoas discapacitadas. Maite Ferreiro fixo fincapé “este proceso pode levar máis de un ano e mentres estas persoas teñen que agardar polos trámites burocráticos ben seriamente incrementadas as súas dificultades de movemento”.

O BNG-AA propón que o concello autorice provisionalmente o aparcamento para persoas con discapacidade