O BNG apoia a mobilización convocada por Eólica Así Non en Becerreá
Celebrarase unha concentración na praza do Concello ás 12 horas o vindeiro 11 de decembro, Dia Mundial das Montañas
Sabela Pérez, concelleira do BNG en Becerreá “é preciso xa un ordenamento xusto sobre o territorio, os macroproxectos están pondo en perigo o potencial gandeiro e medioambiental dos Ancares”
Becerreá, 06 de decembro de 2022.- O Bloque Nacionalista Galego apoia a mobilización en Becerreá convocada pola coordinadora Eólica Así Non, a que se realizará o vindeiro domingo 11 de decembro, ás 12 horas na praza do Concello.
Esta mobilización convocada por diferentes colectivos sociais e sindicais co desenvolvemento de diferentes actos por toda Galiza, para reivindicar e defender no Día Mundial das Montañas o dereito a vivir no rural e a defensa dun desenvolvemento da enerxía eólica de forma xusta.
Os Ancares é unha das comarcas afectadas polo boom eólico das grandes corporacións enerxéticas, co promoción de parques eólicos como Chao do Marco, Restelo, Pena do Pico ou Levante.
A concelleira do BNG en Becerreá, Sabela Pérez, declarou “é preciso xa un ordenamento xusto sobre o territorio, os macroproxectos están pondo en perigo o potencial gandeiro e medioambiental dos Ancares”
Sabela Pérez animou a participar á veciñanza para frear a especulación do territorio coa produción eólica “desde o BNG sumámonos a esta mobilización no que tamén esixir á Xunta de Galiza como ao Goberno do Estado a paralización de todos os proxectos até que non exista un novo plan sectorial eólico que garanta o desenvolvemento xusto desta actividade”