O BNG en Castroverde considera impropio que se renda homenaxe a un home polos actos do Día Internacional das Mulleres
Iria Castro, portavoz municipal do BNG “consideremos que o 8M debe ser un día de reivindicación centrado no presente o no futuro dos dereitos das mulleres”
Como mostra de desconformidade, o BNG non participará neste acto.
Castroverde, 25 de febreiro 2023.- O Bloque Nacionalista Galego en Castroverde considera impropio que nos actos organizados polo Concello de Castroverde para o vindeiro domingo, 25 de febreiro, co motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, sexan utilizados para render homenaxe a un home. Ante este feito, ningún membro do BNG participará neste acto.
A portavoz municipal e concelleira do BNG, Iria Castro, declarou “non consideramos que non sexa merecida unha homenaxe a vida de Manuel Cordeiro, o que non é axeitado é utilizar os actos do 8M para facelo” e subliñou “consideremos que debe ser un día de reivindicación centrado no presente o no futuro dos dereitos das mulleres”
Neste senso, a concelleira destacou que o 8M debe ser empregado como un día para “visibilizar e amosar que o feminismo é unha cuestión crucial” e deste xeito “podíase render homenaxe ás traballadoras do SAF, da limpeza de fogares, acompañantes escolares, entre outras profesións que están feminizadas e enfocalo con perspectiva para acadar a igualdade”
De igual xeito, Iria Castro destacou que esta desconformidade xa foi comunicado ás responsábeis municipais deste acto, en concreto das áreas de cultura e servizos sociais “desde o BNG trasladamos unha proposta ao goberno municipal para modificar a data para este acto de homenaxe a Manuel, como por exemplo o 10 de decembro co gallo do Día a favor dos Dereitos Humanos”