O BNG na Comarca de Lugo renova o seu Consello Comarcal

A Asemblea Comarcal decidíu a Bernardo Valdês Paços como Responsábel Comarcal do BNG en Lugo

Bernardo Valdês “poñemos en marcha un novo ciclo no BNG para acadarmos en 2024 o cambio político que Galiza precisa”

O BNG na Comarca de Lugo renova o seu Consello Comarcal

Lugo, 18 de novembro 2021.- O BNG celebrou a súa Asemblea Comarcal na que se elixiron as persoas que formarán parte do Consello Comarcal e da Executiva do BNG na Comarca de Lugo. Estes son os órganos de dirección nesta comarca que abrangue un total de 38 concellos lugueses.

Con este proceso asemblear, democrático e participativo, a diferenza con outras organizacións políticas, a súa militancia decidiu pór a 26 persoas levando o rumbo da organización a nivel comarcal, na que Bernardo Valdês Paços será o responsábel comarcal.

As 13 primeiras persoas que conforman a lista da candidatura formarán a Executiva Comarcal.

O proceso asembleario continúa para determinar a totalidade do Consello Comarcal, xa que hai que engadir posteriormente aos responsábeis locais, a/o responsábel e a/o viceresponsábel da subcomarca de Sarria e a perosa desiganda por Galiza Nova.

O novo responsábel comarcal, Bernardo Valdês, afirmou que o BNG comeza un novo ciclo “o BNG pechou unha etapa e pon en marcha un novo ciclo para acadarmos en 2024 o cambio político que precisa Galiza, a militancia máis as 26 persoas que hoxe dicidimos colectivamente poñeremos todo o esforzo preciso para acadalo”.

Neste senso, Bernardo Valdês celebrou a implicación da militancia no proceso asemblear “a militancia do BNG é o seu motor, ela é quen toma as decisións e marca a liña politica, todas e todos facemos grande esta organización a que cada día se achega máis xente para transformar o noso país”


 

 

CANDIDATURA AO CONSELLO COMARCAL DA COMARCA DE LUGO


 

1.- Bernardo Valdês Paços. Profesor na USC

2.- Tareixa A. Ferreiro Tallón. Vicepresidenta da Deputación de Lugo e concelleira en Lugo.

3.- Efrén Castro Caloto. Concelleiro en Sarria.

4.- Elvira Lombao Vila. Concelleira en Outeiro de Rei.

5.- Xosé Manuel Becerra. Concelleiro en Baralla.

6.- Iria Castro Fernández. Concelleira en Castroverde.

7.- Brais Fernández Fernández. Área de organización do BNG.

8.- Esther López Rodríguez. Responsábel comarcal no periodo 2013-2016.

9.- Cosme E. Pombo Rodríguez. Activista sindical.

10.- María Xesús López López. Concelleira en Samos.

11.- Xosé Ferreiro Fernández. Concelleiro en Outeiro de Rei.

12.- María Rodríguez Seijas. Galiza Nova.

13.- Afonso Losada Rodríguez. Activista sindical.

14.- Sabela Pérez Martínez.

15.- Felipe Rivas Jorge.

16.- Pilar Prieto Pita.

17.- Xosé L. Varela Carreira

18.- Digna Lagarón Doval

19.- Alfonso Legaspi Veiga

20.- M. Dores López Cayón

21.- Consuelo Vázquez Castro

22.- Xosé A. Bao Abelleira

23.- Iván Sangiao Darriba

24.- Carme Aira Díaz

25.- Rubén Arroxo Fernández

26.- Olalla Rodil Fernández


 

SUPLENTES

1.- Xoán M. Tubío Fernández

2.- Mónica López Rodríguez

3.- Felipe Nieto Pérez

4.- Roberto Carballo López

5.- Branca Rodríguez Pazos

O BNG na Comarca de Lugo renova o seu Consello Comarcal