CORREOS SUPRIMIRÁ, EN LUGO, TRES PRAZAS DE CARTERÍA E ESTO IMPEDIRÁ QUE SE POIDAN FACER OS REPARTOS DIARIOS AOS DOMICILIOS
O BNG demandará no pleno que se manteña o número de carteiro@s que presta servizo no concello
Rubén Arroxo lembrou que nos últimos dende o ano 2011 desapareceron un total de 119 postos de traballo de cartería na provincia de Lugo
Lugo, 14 de febreiro 2018. Ediles do BNG presentaron hoxe, xunto con representantes sindicais da CIG en correos, a iniciativa que levarán ao Pleno do Concello para instar ao mantemento dos postos de traballo que se van suprimir no servizo de cartería no concello de Lugo. A iniciativa será levada pola vía de urxencia á próxima sesión plenaria do concello de Lugo, “entendemos que o concello, e a corporación, debe defender os servizos públicos dos que disfrutan as veciñas e veciños que nos elixiron para representalos” afirmou Rubén Arroxo. Segundo as previsións de Correos, o número de efectivos para facer os repartos de correspondencia postal quedará reducido a 44 contra os 47 actuais.
Pola súa banda o representante da CIG en Correos, John Vivanco, explicou que “a realidade é que este número de 47 carteiros só tivo efecto sobre opapel, pois a Unidade de Reparto de Lugo tivo unha media de entre sete e seis recargos diarios, é dicir, seis ou sete carteir@s menos cada día pois non se cubriron nunca as baixas, permisos, xubilacións, etc...”. Agora con este novo recorte quedarán para prestar o servizo, sobre o papel, 44 carteir@s, pero se seguen mantendo a mesma política laboral o número efectivo será de 38 persoas no mellor dos casos
Na cidade de Lugo existe un censo de 89.989 habitantes e unhas 55.023 vivendas aproximadamente. Segundo estes datos cada carteir@ tería que atender, a partir de agora, 1.447 vivendas con 2.368 habitantes de media. Segundo John Vivanco “estas cifras , moi por enriba da media europea, farían imposible un reparto diario de luns a venres” e engadiu “a Lei 43/2010 do Servizo Postal Universal esixe o cumprimento deste reparto diario durante os día laborables da semana”.
Na provincia de Lugo pasouse de 569 traballadores no ano 2007 a 417 na actualidade o que supón un perda de 151 postos de traballo no servizo de Correos. Nos últimos tempos co incremento do comercio electrónico e a expansión industrial no polígono das Gándaras o transito de correo postal incrementouse considerablemente no concello de Lugo mentres os efectivos da empresa pública merman cada ano. O descenso máis espectacular produciuse entre 2011 e 2017 cando foron 119 o número de postos de traballo que desapareceron, en Correos, na provincia lucense. Arroxo lembrou que o BNG xa ten presentado diferentes iniciativas no propio concello, no Parlamento Galego e no Congreso dos Deputados para que se garanta un servizo de correos acorde ás necesidades do territorio lucense en galego.