O BNG denuncia un inicio de curso con máís recortes e non só nas zonas rurais senón tamén nas zonas periurbanas

Foto_Carme_Aira_2_06_23

O ensino do rural e máis o periférico ás cidades na provincia de Lugo ben sufrindo reiteradas problemáticas derivadas todas dunha visión cuantitativa da administración que non satisfai en absoluto as necesidades do alumnado" manifesta Carme Aira

O BNG denuncia un inicio de curso con máís recortes e non só nas zonas rurais senón tamén nas zonas periurbanas

Lugo, 13 de setembro de 2023. A deputada do BNG no Parlamento de Galiza Carme Aira denuncia “a falla de profesorado na provincia de Lugo e non só nas zonas rurais, senón que tamén se ven estes recortes nas zonas periféricas da cidade” onde se están dando casos de centros educativos onde se reagrupan unidades por non cubrir ao profesorado xubilado. Temos casos como o Ceip Otero Pedrayo (Rábade) ou o Ceip de Begonte onde se unifican unidades coa conseguinte merma para o alumnando da calidade das clases.

 

Carme Aira fai referencia a que ano tras ano a falta de cobertura de profesionais que se ausentan por distintas causas pero moitas veces por xubilación causa que os profesionais se reorganicen e arrastren con eles ao alumnado, agrupándoos dun xeito inxustificado, suprimindo especialidades e restándolles a posibilidade de manter a calidade do ensino que reciben.

Sabe o goberno da Xunta e a poboación que un ensino de calidade é un elemento fixador de poboación, e o contrario facilita que as nais e pais decidan levar ás súas criaturas fóra da localidade na que viven provocando un desarraigo das rapazas e rapaces facilitador da perda de poboación no futuro inmediato” denuncia á parlamentaria

 

 

O BNG denuncia un inicio de curso con máís recortes e non só nas zonas rurais senón tamén nas zonas periurbanas