A CHARLA FORMOU PARTE DUNHA SERIE DE ENCONTRO FEMINISTAS QUE SE VEÑEN CELEBRANDO PERIODICAMENTE DENDE QUE ARRANCOU O PASADO 7 DE MARZO DE 2017

O BNG e Galiza Nova organizaron un faladoiro feminista sobre ”As Mulleres no Mundo Laboral”

A maxistrada Dalila Dopazo; a presidenta da asociación Si hai Saída, Marta R. Engroba, e Raquel Grandio, Orientadora Laboral de COGAMI participaron neste encontro

O BNG e Galiza Nova organizaron un faladoiro feminista sobre ”As Mulleres no Mundo Laboral”

Lugo, 13 de marzo de 2018. Promovido polo BNG e Galiza Nova celebrouse un parladoiro feminista sobre ”As Mulleres no Mundo Laboral”. O encontro tivo lugar no Centro Social Uxio Novoneyra de Lugo e participaron: Dalila Dopazo Blanco, Maxistrada no Xulgado do Social número 3; Marta Rodríguez Engroba, presidenta da asociación Si hai Saída e Raquel Grandio Montes, Orientadora Laboral de COGAMI.

Durante a xuntanza, as ponentes, expuxeron as problématicas laborais coas que se atopan nos seus diferentes ámbitos. Maite Ferreiro sinalou “quixemos ter, neste encontro, a mulleres que traballan con outras mulleres en ámbitos diferentes pero co nexo común de estar en situacións complicadas nas que a situación laboral xoga un papel fundamental”. A maxistrada Dalila Dopazo está a fronte dun xulgado no que se tramitan centos de demandas laborais e moitas delas afectan a mulleres. Marta Rodríguez Engroba preside a Asociación Si Hai Saída que se encarga de acompañar e asesorar a mulleres vítimas de violencia de xénero, para as que as posibilidades de afastarse do maltratador depende, na maioría dos casos, da situación laboral na que se atopan. Raquel Grandio Montes, Orientadora Laboral de COGAMI contextualizou as dificultades coas que se atopan as persoas con discapacidades, especialmente as mulleres, á hora de acceder ao mercado laboral.

A edil Maite Ferreiro lembrou que este parladoiro forma parte dos encontros feministas que se veñen celebrando periodicamente dende que se iniciaron o 7 de marzo de 2017 e sinalou que “nos vindeiros meses temos previsto continuar  con estes encontros feministas e contaremos coa presenza de mulleres que son  referente en diferentes ámbitos sociais e profesionais”. A edil do BNG-AA felicitou as todas as persoas que na xornada de onte se volcaron nas mobilizacións feministas e “especialmente a todas esas mulleres que saíron á rúa para facerse visibles e demostrar cal é o seu papel na sociedade”.

Maite Ferreiro lembrou que ata a data de hoxe os encontro feministas promovidos polo BNG e Galiza Nova foron os seguintes:

·        7 de marzo de 2017 Por que é necesario o feminismo? Teresa Glez Piñeiroa e Olalla Rodil

·        19 de abril de 2017 patriarcado e capitalismo con Mª Carme García Negro e Noa Presas

·        29 de setembro ventres de alugueiro de 2017 con María Reimóndez e Olalla Rodil

·        Sandra piñeiro

·        20 de novembro de 2017 VIOLENCIA MACHISTA: antes e despois da denuncia no que participaron a xuiza Sandra Piñeiro e a traballadora social María Castro.

·        27 de xuño de 2017 Presente e futuro das liberdades sexuais con Carlos Callón e Iria Carreira

O BNG e Galiza Nova organizaron un faladoiro feminista sobre ”As Mulleres no Mundo Laboral”