O BNG impulsa medidas no Parlamento galego para frear a praga da rata toupa
A deputada Carme Aira visitou Samos para comprobar os danos deste animal sobre os pastizais
Estivo acompañada pola concelleira do BNG en Samos, María Jesús López
Samos, 17 de xaneiro de 2023.- A deputada e portavoz de Desenvolvemento rural no Parlamento galego do BNG, Carme Aira, estivo en Samos para comprobar de primeira man nunha explotación cabrún os efectos e danos que está a facer a rata toupa. Foi acompañada pola concelleira do BNG en Samos, María Jesús López e membros do BNG local.
A rata toupa é un animal propio da Montaña, mais a súa proliferación estase a dificultar debido á súa grande extensión por motivos relacionados co cambio climático, de xeito que se está a converter nunha praga. A Montaña é a gran prexudicada da expansión, máis de 1800 hectáreas, principalmente de pastizal, fican afectadas. Porén, as explotacións padecen grandes perdas á hora de desenvolver a súa actividade.
Por isto, o BNG trasladou ao Parlamento de Galiza unha batería de medidas para frear a expasión desta especie, nas que esixe á Xunta de Galiza aportar máis orzmento para o control, a intensificación de medidas técnicas, a renovación de pastizais ou aplicar liñas de axuda pola perda de forraxe, como tamén que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación declare como praga a expasión deste animal na Montaña.
A deputada Carme Aira declarou “a rata toupa é un problema grave para as gandeiras e gandeiros da Montaña, exténdese sen parar, por isto desde o BNG impulsamos esta batería de medidas para pór control e minguar os problemas que está ocasionar”
Neste senso, Carme Aira salientou “precísase a implicación política para levar a cabo o freo desta especie, por isto tanto a Xunta como o Ministerio teñen que aplicar medidas para frear esta praga”