DE XEITO SIMBÓLICO, EDILES DO BNG NO CONCELLO DE LUGO, DENUNCIARON QUE CONTINÚA A PARÁLISE NA RECUPERACIÓN DO BARRIO DA TINERÍA DENDE A CHEGADA DO PP Á XUNTA

O BNG lémbralle ao PP que "os días seguen pasando" e entrégalle pezas de construción para seguir a obra na Tinería

"Pedímoslles que se poñan a traballar, cando o BNG tivo responsabilidades na Xunta deixáronse moitos proxectos para este barrio que o PP abandonou" dixo Rubén Arroxo

O BNG lémbralle ao PP que "os días seguen pasando" e entrégalle pezas de construción para seguir a obra na Tinería

Lugo, 24 de abril de 2021. Ediles do BNG no concello de Lugo fixeron un acto simbólico para visibilizar o abandono do barrio da Tinería. "Queremos poñer o foco sobre o abandono do proxecto de rehabilitación iniciado polo BNG cando tivo responsabilidades de goberno na Xunta de Galiza, e que leva xa 4437 días paralizado" explicou Rubén Arroxo. Dende o BNG ofreceron aos integrantes do PP, simbolicamente, unha pezas de construcción, sabedores de que os cascos xa os teñen, para que poidan continuar coas obras iniciadas de rehabilitación dun dos barrios máis senlleiros da cidade.

Arroxo lembrou os numerosos anuncios feitos dende os gobernos do PP para a recuperación do barrio "máis quedánse unicamente en anuncios que nunca se levan a cabo"  e explicou que "a chegada de Feijoo á Xunta de Galiza supuxo paralizar proxectos cuxa elaboración xa estaba licitada, como a recuperación do Pazo de Dona Urraca ou a escavación da UI-7, onde se atopan os fornos". "O BNG no Parlamento Galego levan desde o ano 2009 esixindo á Xunta de Galiza que continúe este proxecto", explicou Rubén Arroxo, que engadiu "este barrio debería ser un dos motores turísticos para a cidade de Lugo pola súa ubicación a carón da muralla". 

 

O proxecto comezado no bipartito polo BNG, cun investimento ascendeu a máis de 30 millóns de euros, gañou o Premio Dubai de Boas Prácticas da ONU. Rubén Arroxo criticou que "o estado no que se atopa esta zona da cidade, despois do impulso feito pola Consellería de Vivenda para rehabilitalo", e comparouno "co impulso que desde o BNG estamos a facer no goberno do Concello de Lugo para mellorar a imaxe da Muralla". O portavoz nacionalista, Rubén arroxo, explicou que "desde a volta do Partido Popular ao goberno galego paralizouse unha actuación moi importante e necesaria para o centro de Lugo".

O BNG lémbralle ao PP que "os días seguen pasando" e entrégalle pezas de construción para seguir a obra na Tinería