ARROXO FIXO BALANCE DA COMISIÓN SOBRE A ESTRATEXÍA EDUSI CELEBRADA HOXE E APUNTOU A NECESIDADE DE “REUBICAR” A PASARELA QUE SE VAI FACER SOBRE A N-VI QUE SE PROXECTA A CARÓN DO PASO INFERIOR XA EXITENTE

O BNG preguntará se o concello ten coñecemento dos eólicos que se van instalar no Picato

EDusi

“A instalación de 21 aeroxeneradores, parte deles no Picato, dentro do concello de Lugo, terá un importante impacto e queremos saber se o goberno municipal está ao tanto” dixo Arroxo

O BNG preguntará se o concello ten coñecemento dos eólicos que se van instalar no Picato

Lugo, 16 de febreiro 2018. O BNG-AA preguntará no concello de Lugo pola implantanción dun novo parque eólico nos municipios lucenses de Guntín, Lugo e Friol con 21 aeroxeneradores. “A instalación de 21 aeroxeneradores, parte deles no Picato, dentro do concello de Lugo, terá un importante impacto e queremos saber se o goberno municipal está ao tanto” dixo Arroxo. Para o BNG “a aposta pola enerxía eólica é estratéxica para o país, pero ten que existir un control sobre as condicións nas que se instalan estes parques eólicos e as consecuencias que teñen para os territorios, tanto paisaxísticas e medio-ambientais como económicos”.

“É curioso que os grupos municipais nos enteremos pola prensa dunha instalación deste tipo no termo municipal de Lugo e non sabemos se o goberno municipal estaba ao tanto desta cuestión” dixo Rubén Arroxo que sinalou que “a colocación deste parque eólico pode ter un importante impacto visual e medio-ambiental e parte del estará situado no termo municipal de Lugo”. Ademais o voceiro do BNG pedirá que “o goberno municipal e os servizos do concello fagan un estudo pormenorizado deste proxecto eólico e, no caso de ser necesario, presenten as debidas alegacións en tempo e forma”. A colocación deste parque eólico pode ter un importante impacto visual e medio-ambiental e parte del estará situado no termo municipal de Lugo

Comisión do EDUSI

O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, referiuse tamén á comisión celebrada hoxe no concello de Lugo sobre a Estratexía EDUSI para o concello de Lugo e sinalou “non se concretaron as actuacións que se van levar a cabo e seguimos sen saber cales son as intencións do goberno municipal para investir estes fondos europeos que deberán servir para unir Lugo co Miño”. O goberno municipa unicamente presentou proxectos para executar co 10 % do orzamento previsto para a estratexía EDUSI “nos proxectos presentados existen elementos moi mellorables e que non van a ter a utilidade que se pretende deles” afirmou Arroxo.

O voceiro do BNG referiu se ao proxecto de pasarela sobre a N-VI “algo que ao noso entender tería que facer o Ministerio de Fomento, pero que se vai facer no punto onde é menos necesario” dixo Arroxo que explicou que o lugar previsto “é pouco axeitado para a pasarela por que está a carón do paso inferior da N-VI xunto das rotondas do centro comercial. Arroxo tamén pediu “unha reflexión” sobre o medio millón de euros que se pretende investir no acceso á N-VI (dirección Coruña) dendea Rúa Santiago, a través da Volta da Viña, cun importante desmonte “esta actuación débese estudar en profundidade para evitar un impacto visual nunha das zonas máis sensibles da cidade para evitar algo que despois non teña solución” concluíu Arroxo.

O BNG preguntará se o concello ten coñecemento dos eólicos que se van instalar no Picato