RUBÉN ARROXO: "A XUNTA DEBERÍA SEGUIR OS PASOS XA INICIADOS POLO PP EN CASTELA E LEÓN, LIMITANDO A PROXIMIDADE DESDTAS PLANTAS COS NÚCLEOS DE POBOACIÓN"

O BNG presenta iniciativas no Parlamento para reclamar á Xunta que se alonxen as plantas de biometano das vivendas

Rubén Arroxo e Montse Valcárcel presentaron a iniciativa do BNG á veciñanza afectada polo proxecto de Coeses, que instan á Xunta a "lexislar o sector establecendo unha serie de parámetros que deban cumprir para garantir a convivencia entre a actividade e a calidade de vida"
 

Rubén Arroxo: "A Xunta debería seguir os pasos xa iniciados polo PP en Castela e León, limitando a proximidade desdtas plantas cos núcleos de poboación"

O BNG presenta iniciativas no Parlamento para reclamar á Xunta que se alonxen as plantas de biometano das vivendas


 


Lugo, 09 de maio de 2025. O Portavoz do BNG de Lugo, Rubén Arroxo e a deputada no Parlamento de Galiza Montse Valcárcel mantiveron un enocntro coa veciñanza afectada polo proxecto de planta de biometano proposto en Coeses para presentar as iniciativas que o BNG defenderá no Parlamento de Galiza destinadas a "aumentar o control a este tipo de plantas", segundo explicou a deputada do BNG Montse Valcárcel.

"O problema non vén pola tecnoloxía de biogás – biometano, senón que vén polo modelo de planta que se está propoñendo, na escasa distancia aos núcleos de poboación e na forma na que están xestionadas", explicou Valcárcel. Actualmente, estanse proxectando plantas de gran tamaño, que requiren un aporte constante e moi elevado de residuos para o seu procesamento, polo que os residuos de preto non son suficientes e tráenos de moito mais lonxe. E, a maior tamaño existe un maior volume de residuos almacenados, mais operacións de descarga de residuos, maior volume a xestionar e tamén maiores riscos en caso de escape de emisións e risco de incendio.

"O impacto dunha planta destas características preto das vivendas pode ser brutal. A Xunta ten a obriga de poñer por diante a protección das persoas e do territorio fronte a calquera interese económico", afirmou a deputada, que defendeu a proposta do BNG para que a Xunta traballe con 6 obxectivos principais:

1. Establecer límites entre as plantas de biogás – biometano e núcleos de poboación e/ou vivendas habitadas, así como elementos patrimoniais ou bens naturais nun mínimo de 3.000 metros.
2. Establecer a distancia máxima entre a orixe dos materiais usados na dixestión, e a localización da planta en 20 quilómetros para residuos líquidos , e con carácter xeral a un máximo total de 50 quilómetros.
3. Limitar a capacidade das plantas de biogás -biometano e os seus procesos para evitar os danos ambientais e molestias á poboacións, a un volume máximo de 200.000 toneladas anuais.
4. Lexislar o sector establecendo unha serie de parámetros que deban cumprir as instalacións en canto aos materiais que entran como aos que saen.
5. Regular a xestión do dixestato xerado despois do proceso de biometanización.
6. Restrinxir a circulación de transporte pesado relacionado con estas instalacións, que non poderán transitar polos cascos urbanos e núcleos de poboación no rural.

"Actualmente hai de numerosos proxectos de plantas de biogás -biometano en Galiza, polo que dende o BNG consideramos que é necesario lexislar ao respecto para poñer límites en canto ao tamaño destes proxectos e aos límites que deben manter", destacou Montse Valcárcel.

O BNG presenta iniciativas no Parlamento para reclamar á Xunta que se alonxen as plantas de biometano das vivendas