O BNG urxe á Xunta a dotar de persoal facultativo o centro de saúde do Páramo
Insta a cubrir as dúas prazas do persoal facultativo do centro
Carme Aira, deputada do BNG “Á sanidade pública estanna poñendo contra as cordas, sobre todo naqueles pequenos centros do rural”
Lugo, 18 de novembro de 2022.- O Bloque Nacionalista Galego urxe á Xunta de Galiza a dotar de persoal facultativo o centro de saúde do Páramo, o que neste momento as dúas prazas que dispón atópanse sen cubrir.
Carme Aira, deputada por Lugo do BNG no Parlamento galego explicou “a veciñanza do Páramo neste momento só dispón dunha atención provisonal cun facultativo provinte do centro de saúde de Sarria, que se achega apenas unhas horas até media mañá, o que se ten que facer unha urxencia ou unha visita, este concello queda totalmente desprotexido”
Neste senso, a deputada destacou que esta localidade non pode acudir ao PAC de referencia, neste caso o de Sarria, xa que este centro ”non comeza a súa actividade até ás 3 da tarde, co cal non lles queda máis remedio que ir ás urxencias do HULA, aínda que a súa patoloxía non sexa urxente nin percibida como tal”
Por todo isto, o BNG reclama ao Goberno da Xunta de Galiza a que tome as medidas precisas, de forma urxente, para garantir a asitencia sanitaria universal. De igual xeito, que se tomen medidas contra a precariedade e a temporalidade na sanidade pública, que posibiliten contar con persoal suficiente e ofrecer unhas condicións laborais dignas que garantan unha atención sanitaria de calidade.
“Á sanidade pública estanna poñendo contra as cordas, sobre todo naqueles pequenos centros do rural onde contamos cunha importante poboación maior; o Partido Popular está denegando o dereito á asistencia sanitaria á poboación que máis a precisa” declarou Carme Aira.