O BNG valorou nun acto público na Pastoriza a situación do sector lácteo

Elva Carrera e Mini Rivas no acto xunto con gandeiros locais

Contou coa participación do deputado Mini Rivas e a portavoz municipal do BNG e tenente alcalde da localidade, Elva Carrera

O BNG amosou as súas propostas perante o encarecemento das materias primas e a falta de prezos xustos

O BNG valorou nun acto público na Pastoriza a situación do sector lácteo

A Pastoriza, 16 de marzo de 2022.- O Bloque Nacionalista Galego celebrou na Pastoriza un acto público no que se conversou e valorou a situación do sector lácteo perante o encarecemento das materias primas e a falta de prezos xustos na produción gandeira.

Contou coa intervención do deputado no Parlamento galego e portavoz das áreas de agricultura e gandaría, Xosé Luís “Mini” Rivas e a tenente de alcalde e portavoz municipal do BNG na Pastoriza, Elva Carrera.

O deputado Mini Rivas destacou a falta terra agraria para a produción agrícola “Galiza é un país enormemente rico o que non está aproveitado para garantir a nosa produción alimentaria; estamos vendo como a dependencia alimentaria está a repercutir na economía, aínda tendo terras rendíbeis para producir e xerar actividade no campo” declarou.
Neste sentido, o deputado do BNG subliñou as eivas polas que está a padecer o sector lácteo “os cereais como outros gastos como o gasóleo xunto coa política de prezos das distribuidoras e industrias están a provocar unha crise máis forte para o noso campo, mentres a Xunta non está a facer nada para garantir a estabilidade e o futuro do noso campo” dixo Mini Rivas.

O BNG valorou nun acto público na Pastoriza a situación do sector lácteo