VARIOS PASOS DE PEÓNS DA ZONA POÑEN EN PERIGO ÁS PERSOAS USUARIAS DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DA ZONA SOBRE TODO EN HORAS CON CHUVIA E ESCASA VISIBILIDADE

O BNG-AA pide o repintado da sinalización horizontal na rúa Filarmónica Lucense e nos aparcadoiros do Pazo Universitario

IMG_2168

A falta de mantemento da sinalización horizontal está empezando a provocar problemas de tráfico e incluso provoca o bloqueo de vehículos no aparcadoiro

O BNG-AA pide o repintado da sinalización horizontal na rúa Filarmónica Lucense e nos aparcadoiros do Pazo Universitario

Lugo, 1 de febreiro 2016. O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, trasladará unha petición para que se acometa o repintado da sinalización horizontal na rúa Filarmónica Lucense e nos aparcadorios do Pazo Universitario. O deterioro de pasos de peóns, liñas que definen a calzada e as delimitacións das prazas de aparcamento dos aparcadoiros do Pazo Universitario provocan problemas de tráfico nesta zona que é moi utilizada polas persoas que acuden ás instalación deportivas da zona.

Ademais de terse producido o bloqueo de vehículos nos aparcadoiros cando hai eventos deportivos pola falta desta sinalización tamén resulta perigoso para peóns o transito por esta zona. Arroxo lembrou que “moitas persoas, nenos e nenas acuden ás piscinas das Pedreiras, as pistas de atletismo e ao propio Pazo Universitario”. Varios pasos de peóns da zona poñen en perigo ás persoas usuarias das instalacións deportivas da zona sobre todo en horas con chuvia e escasa visibilidade

A falta de mantemento da sinalización horizontal está empezando a provocar problemas de tráfico e incluso provoca o bloqueo de vehículos no aparcadoiro. Dende o BNG – AA trasladarase un escrito á alcaldía para que se acometa este repintado dende a administración titular destes viais “entendemos que aínda que a Deputación teña algo que ver, tamén o concello é responsable en temas de tráfico” .

O BNG-AA pide o repintado da sinalización horizontal na rúa Filarmónica Lucense e nos aparcadoiros do Pazo Universitario