RUBÉN ARROXO ANIMOU Á VECIÑANZA "A DEIXAR O COCHE NA CASA E USAR O TRANSPORTE PÚBLICO PARA FACER DE LUGO UNHA CIDADE MÁIS ECOLÓXICA"

O bus urbano será gratuíto para celebrar o Día Europeo sen Coches


Rubén Arroxo animou á veciñanza "a deixar o coche na casa e usar o transporte público para facer de Lugo unha cidade máis ecolóxica"

A veciñanza poderá desfrutar de viaxes gratuítas no bus urbano o día 23 de setembro

O bus urbano será gratuíto para celebrar o Día Europeo sen Coches



 

Lugo, 21 de setembro de 2024.
 O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou que o bus urbano será gratuíto durante o luns 23 de setembro, debido á celebración o domingo anterior do Día Europeo sen Coches. Rubén Arroxo animou ás veciñas e veciños de Lugo a "animarse a deixar o coche na casa e usar o transporte urbano, un medio que leva todo o ano batindo a marca de usuarios, colocando ao ano 2024 previsiblemente no mellor ano desde que se gardan rexistros".

"Deixando o coche na casa e apostando polo transporte público, a bicicleta ou facendo os  desprazamentos a pé colaboramos para facer de Lugo unha cidade máis limpa e ecolóxica", afirmou Rubén Arroxo, que engadiu "seguimos nunha tendencia positiva en canto a número de usuarios, con 153.238 en agosto de 2024, este ano continúa a ser superar os rexistros, o que demostra que a reformulación das liñas de transporte urbano está a facer que máis persoas aposten por deixar o coche na casa e desprazarse por Lugo utilizando o transporte público".

Segundo explicou Rubén Arroxo, "neste momento do ano levamos o maior número de viaxeiros da historia no acumulado de todo o ano, o que demostra que, de seguir esta tendencia, 2024 será o mellor ano no transporte público de Lugo". Arroxo explicou que "os transbordos representan só un 3% dos billetes expedidos, os datos amosan un verdadeiro aumento no número de persoas que cada día deciden usar o bus urbano".

Día Europeo sen Coches

A celebración do Día sen Coches remóntase ao ano 1994, coas cidades de Reikiavik en Islandia, La Rochelle en Francia e Bath no Reino Unido exercendo como pioneiras desta iniciativa. No ano 1997, Gran Bretaña celebrou a nivel estatal o Día Sen Coches, sendo o primeiro estado en impulsar a celebración desta data. A Comisión Europea declarou no ano 2000 o Día Europeo sen Coches, como data de remate da Semana Europea da Mobilidade, que ten como obxectivo concienciar á poboación do uso do transporte público e dos medios de transporte alternativos, reducindo a dependencia do vehículo privado.

O bus urbano será gratuíto para celebrar o Día Europeo sen Coches