A PARLAMENTARIA DO BNG AFIRMOU QUE "NO CENTRO DE SAÚDE DE CASTRO RIBEIRAS DE LEA SÓ PASA CONSULTA UN MÉDICO DE CATRO PRAZAS"

Came Aira visitou Castro de Rei, onde reclamou unha nova política en materia sanitaria para evitar que se deixe de atender á poboación

Digna Lagarón e Carme Aira no Centro de Saúde

Aira: "é preciso cambiar as políticas na sanidade para garantir as condicións de traballo do persoal sanitario e a asistencia sanitaria da veciñanza"

Came Aira visitou Castro de Rei, onde reclamou unha nova política en materia sanitaria para evitar que se deixe de atender á poboación

Lugo, 20 de xullo de 2021. A parlamentaria do BNG, Carme Aira, propuxo mudar a política que está a aplicar o goberno da Xunta de Galiza en materia sanitaria. Aira explicou que "desde o BNG defendemos que a mellor maneira de saír da crise sanitaria é dotando ao sistema público de saúde con recursos materiais e humanos, especialmente na atención primaria". A parlamentaria do BNG defendeu que "é preciso dar a volta ás políticas aplicadas nos últimos anos, cunha precariedade no Servizo Galego de Saúde que, durante o ano de pandemia non fixo máis que aumentar ". Carme Aira visitou a vila de Castro de Rei xunto coa concelleira do BNG, Digna Lagarón.

Para Carme Aira, "nos centros de saúde da contorna de Lugo pode chegar a faltar o 60% do persoal médico, como está a acontecer no concello de Castro de Rei". O Concello de Castro de Rei conta con dous centros de saúde. O situado na vila de Castro de Rei conta só coa atención de unha ATS dúas veces por semana, mentres que no de Castro Ribeiras de Lea só pasa consulta un médico, cando o centro conta con catro prazas. Estas faltas de persoal tamén destacan no persoal de enfermería, o que produce, segundo Carme Aira "que as traballadoras e traballadores non poidan darlle unha atención axeitada ás usuarias".

O BNG propón garantir a atención primaria presencial a toda a poboación galega, "unha atención primaria de calidade", segundo explicou Carme Aira. O BNG defende blindar a atención primaria e garantir a que todas as persoas que o  precisen poidan asistir a unha consulta médica. O BNG pedirá tamén protocolos claros para finalizar coas discriminacións e desigualdades que se veñen detectando na atención desde o inicio da pandemia. Carme Aira defendeu que "a atención recibida ten que ser segura e de calidade, non ten que depender de a que centro de saúde ou con que profesional se atope unha persoa".

Came Aira visitou Castro de Rei, onde reclamou unha nova política en materia sanitaria para evitar que se deixe de atender á poboación