Comeza o replanteo da pasarela do centro de saúde de San Roque

Rubén Arroxo: "esta infraestrutura mellorará a accesibilidade e dará solución a unha solicitude da veciñanza de Fontiñas"

O Tenente Alcalde estivo presente nos traballos executados hoxe, correspondente ao replanteo da primeira fase das obras

Comeza o replanteo da pasarela do centro de saúde de San Roque

Lugo, 12 de novembro de 2021. O Tenente Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, asistiu hoxe ao replanteo da primeira fase da construcción da pasarela que permitirá mellorar a accesibilidade do centro de saúde de San Roque. O Tenente Alcalde explicou que “en poucos días comezarán os traballos desta primeira fase, unha intervención importante para a veciñanza da zona que permitirá mellorar enormemente a accesibilidade do centro de saúde”.

A primeira fase das obras consistirá na construcción das zapatas que sosterán a pasarela, e completarase posteriormente coa instalación da estrutura. De cara á instalación das zapatas será preciso modificar certos servizos xa habilitados na rúa, como as canalizacións, actuacións que se realizarán “tratando de garantir en todo momento os menores inconvintes posibles para as veciñas e veciños da zona”, explicou Arroxo.

Comeza o replanteo da pasarela do centro de saúde de San Roque