Comeza o torneo “Maestros del Norte” na praza de Abastos, que achegará a Lugo a máis de 400 xogadores e xogadoras durante esta fin de semana

O torneo, organizado pola Asociación de Amigos do Futbolín en colaboración coa área de Participación, acollerá a celebración dunha proba do campionato estatal

Cristina López: “continuamos a aumentar a oferta de actividades na Praza de Abastos, ampliando a oferta de ocio da cidade nesta ponte“

Comeza o torneo “Maestros del Norte” na praza de Abastos, que achegará a Lugo a máis de 400 xogadores e xogadoras durante esta fin de semana

Lugo, 05 de agosto de 2022. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitou, xunto con integrantes da Asociación Lucense de Futbolín o torneo “Maestros del Norte”, que comezou hoxe no soto da Praza de Abastos. A concelleira de Participación, Cristina López, afirmou que “con esta cita continuamos a aumentar a oferta de actividades na Praza e do Mercado, achegando unha nova oferta de ocio para a ponte de agosto”.

O torneo achegará a Lugo a 400 xogadores de futbolín, e acollerá a terceira edición do Campionato Estatal de Futbolín, un dos torneos máis importantes a nivel estatal.

A actividade comezou esta mañá na modalidade Parado, e desenvolverase durante todo o día, ata as 22:00. Mañá, o torneo continuará de 10:00 a 22:00 coa modalidade Movemento, nas categorías Pro, Master e Avanzado.

O torneo rematará o luns 15 co torneo de seleccións organizado pola Federación Española de Futbolín, entre as 10:00 e as 15:00, e que xuntará aos mellores xogadores do estado.

Asociación Lucense de Futbolín foi creada en 2018 co fin de promover e dar visibilidade a este deporte, fomentando a práctica do xogo inventado por Alexandre de Fisterra.

 
Comeza o torneo “Maestros del Norte” na praza de Abastos, que achegará a Lugo a máis de 400 xogadores e xogadoras durante esta fin de semana