MAITE FERREIRO: "CADA ANO VEMOS A GRAN CAPACIDADE CREATIVA DA MOCIDADE DE LUGO"

A Concellería de Educación pon en marcha o XXIX Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo

Maite Ferreiro

O concurso está aberto a todas as rapazas e rapaces de 12 a 18 anos matriculados en calquera dos centros educativos de Lugo

Maite Ferreiro: "Cada ano vemos a gran capacidade creativa da mocidade de Lugo"

A Concellería de Educación pon en marcha o XXIX Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo

 

 

Lugo, 19 de novembro de 2023.Maite Ferreiro, concelleira de Cultura anunciou a posta en marcha do XXIX Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo, no que poderán participar todas as rapazas e rapaces de 12 a 18 anos dos centros de ensino de Lugo. "Trátase dunha cita consolidada xa no calendario lucense e na que cada ano vemos a gran capacidade creativa da mocidade do concello", declarou Maite Ferreiro.

Cada persoa poderá presentar un máximo de tres relatos, que terán unha extensión máxima de 10 páxinas escritas a unha soa cara. O Certame está dividido en dúas categorías, de 12 a 14 e de 15 a 18 anos, con tres premios cada unha.

As persoas gañadoras recibirán un diploma e un lote de libros, e a maiores repartiranse premios de distintos valores segundo as categorías. Se, ademais dos traballos premiados houbese, a xuízo do xurado, outras obras merecedoras de recoñecemento, poderanse outorgar mencións honoríficas.

Os relatos poderán presentarse até o 23 de decembro de maneira telemática, no enderezo electrónico da Concellería de Educación ([email protected]) ou de maneira presencial nas oficinas da concellería, no centro de convivencia Uxío Novoneyra.

 

Premios por categorías:

 

CATEGORÍA DE 12 A 14 ANOS

 1º Diploma, lote de libros e premio de 200 €.

 2º Diploma, lote de libros e premio de 100 €.

 3º Diploma, lote de libros e premio de 70 €.

 

 CATEGORÍA DE 15 A 18 ANOS

 1º Diploma, lote de libros, e premio de 250 €.

 2º Diploma, lote de libros, e premio de 130 €.

 3º Diploma, lote de libros, e premio de 100 €

 
A Concellería de Educación pon en marcha o XXIX Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo