A concellería de Infraestruturas renova o alumeado público na rúa Mariña Española
Alexandre Penas: "o vindeiro luns comezarán os traballos, que se realizarán no treito entre a rúa Galicia e Ramón Ferreiro"
A concellería de Infraestruturas inviste 27.000€ na renovación do alumeado, que permitirá aforrar 2.420 kWh ao ano
Lugo, 28 de novembro de 2020. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou da renovación do alumeado público na rúa Mariña Española. Alexandre Penas afirmou que "o vindeiro lus comezarán os traballos, que terán lugar no treito entre a rúa Galicia e Ramón Ferreiro, e que permitirán mellorar a seguridade e reducir o consumo eléctrico".
A concellería de infraestruturas inviste en total 27.000€ na renovación do alumeado nesta rúa. Alexandre Penas explicou que "con isto poderemos retirar as luminarias antigas, que utilizaban vapor de sodio, por LED, o que suporá un aforro de máis de máis de 70W por luminaria".
Segundo Alexandre Penas, "isto suporá un consumo de 2.420 kWh de enerxía menos que actualmente, o que ademais de reducir a inversión do concello en electricidade, permitiranos avanzar de cada a unha cidade menos contaminante ao deixar de emitirse 1.2 toneladas de CO2 ao ano con respecto á instalación anterior".