A concellería de Infraestruturas renova o asfalto da rúa Casas Vellas, en Paradai
Alexandre Penas: “renovamos un vial que se atopaba en mal estado, mellorando a calidade de vida da veciñanza, e atendendo ás peticións das veciñas e veciños”
Renóvase tamén a sinalización vertical da zona, mellorando as indicacións dos sinais
Lugo, 09 de xullo de 2022. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que o Goberno de Lugo vén de renovar o asfalto da rúa Casas Vellas, na zona de Paradai. Arroxo explicou que “continuamos a traballar na mellora das infraestruturas da cidade con esta actuación, respondendo a unha petición da veciñanza da zona, mellorando un vial que se atopaba en moi mal estado”.
A solución adoptada consiste na aplicación dunha capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, o que asegurará que a intervención sexa duradeira. Renovouse tamén a sinalización horizontal da zona e adaptáronse as distintas tapas de rexistro á nova altura da banda de rodadura.
"Continuamos a traballar na mellora dos barrios da cidade e das zonas industriais, mellorando a calidade de vida das veciñas e veciños que a diario utilizan estas rúas”, afirmou Rubén Arroxo.