A Concellería de Infraestruturas Urbanas informa de restricións de tráfico debido á adaptación do novo Plan de Tráfico da Milagrosa
Lugo, 13 de xuño de 2020. Desde a área de Infraestruras Urbanas infórmase que, debido aos traballos de adaptación do novo Plan de Tráfico da Milagrosa. Segundo o plan de traballo, para os vindeiro 17 de xuño está previsto realizar o cambio de ubicación dos semáforos, polo que o control de tráfico nos cruces será realizado pola Policía Local. De cara a realizar os traballos tamén se pechará á circulación un carril, para permitir a colocación da maquinaria necesaria.
Desde a concellería de Infraestruturas xunto coa empresa encargada dos traballos, tratarase de realizar a actuación entorpecendo o mínimo posíbel a circulación e no menor tempo posíbel.
O edil de Infraestruturas, Alexandre Penas, indicou que “a veciñanza da Milagrosa desfrutará, unha vez rematen os traballos, dunha nova ordenación do tráfico que mellorará a transitabilidade da zona e dará axilidade á circulación”. Nesta reordenación, as rúas Xulia Minguillón e Mallorca cambiarán de sentido “creando así unha supermazá que una a avenida da Coruña e Yañez Rebolo, permitindo o xiro en sentido horario”, indicou Alexandre Penas. Na Avenida da Coruña, modificarase o acceso á praza Agro do Rolo, a través dunha nova incorporación, a cal agora está habilitada provisionalmente para os buses urbanos. Ademais, noutras rúas mudarase o sentido da circulación