ALEXANDRE PENAS: “ESTE MÉRCORES RETOMARASE A COLOCACIÓN DO BUSTO DE XOÁN MONTES NA PRAZA MAIOR”

A concellería de Infraestruturas Urbanas reactiva actuacións detidas pola crise sanitaria

Comezará tamén a limpeza do entorno do auditorio municipal para comezar a pavimentación

A concellería de Infraestruturas Urbanas reactiva actuacións detidas pola crise sanitaria

Lugo, 19 de maio de 2020. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou de que mañá se reactivarán dúas actuacións que foran detidas debido á crise sanitaria do COVID-19. Segundo declarou Alexandre Penas, “retomaranse os traballos de colocación do busto de Xoán Montes na praza Maior e comezará a limpeza do entorno do Auditorio Municipal Gustavo Freire”.

O traslado do busto de Xoán Montes faise por iniciativa de varios colectivos culturais de Lugo, e ten o obxectivo de resituar a figura do músico no centro de Lugo. “A ubicación elixiuse dado que o propio Xoán Montes desenvolveu boa parte da súa actividade musical no quiosco da música da praza Maior, o Círculo das Artes e a Catedral”, lembrou Alexandre Penas.

A empresa Ovisa comezará mañá os traballos de limpeza para posteriormente asfaltar o entorno do Auditorio Municipal Gustavo Freire. Alexandre Penas afirmou que se trata “dunha actuación necesaria, e pedida polas persoas usuarias tanto do Auditorio coma do parque da Milagrosa, debido ao estado de deterioro no que se atopa actualmente”. “Ademais, esta actuación servirá tamén para ampliar o espazo do mercado de Frigsa”, afirmou Alexandre Penas

 

A concellería de Infraestruturas Urbanas reactiva actuacións detidas pola crise sanitaria