O Concello acondiciona o muro dos xardíns de San Roque
Alexandre Penas: “a brigada permite realizar moitas actuacións de baixo custo que melloran a calidade de vida da veciñanza”
Nas últimas semanas, a brigada realizou reparacións en máis dunha vintena de rúas da cidade
Lugo, 26 de xaneiro de 2020. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitaron as obras iniciadas nos Xardíns de San Roque, onde a Brigada de Obras está a acondicionar o muro que dá á rúa San Roque. “Debemos destacar a labor que realiza a brigada de obras, que permite facer moitas actuacións de baixo custo que permiten mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños”, declarou Alexandre Penas.
“Nos últimos meses traballamos en recuperar un servizo público que se fora degradando”, indicou Alexandre Penas, que engadiu “nos últimos meses a brigada pasou de ter 2 a 7 traballadores, e continuamos a traballar en aumentar os recursos para dar un servizo eficaz e de calidade ás veciñas e veciños de Lugo”.
Entre outas actuacións, a brigada repara baldosas, tapas de rexistro e fochancas. Segundo indicou Alexandre Penas, “a maior parte das incidencias chegan ao concello por parte da veciñanza, mediante o teléfono 010”.