A ÁREA DE PARTICIPACIÓN ESTUDA ESTA POSIBILIDADE DEBIDO A QUE OS PANEIS ELECTRÓNICOS SON SIMILARES EN FUNCIONAMENTO AOS PANEIS INFORMATIVOS DIXITAIS

O Concello estuda integrar os paneis publicitarios das paradas de bus, no contrato dos paneis informativos

Dende a área de Participación trabállase para renovar os paneis, que levan co contrato caducado desde o 2016

O Concello estuda integrar os paneis publicitarios das paradas de bus, no contrato dos paneis informativos

Lugo, 15 de outubro de 2019. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que técnicos municipais están estudando “a posibilidade de integrar os paneis publicitarios das paradas de bus no contrato de paneis informativos”. Segundo a concelleira, “os actuais paneis dixitais son sistemas similares aos paneis informativos, polo que vemos posíbel que ambos sistemas vaian no mesmo contrato”. Segundo Cristina López, “a proposta estará adaptada ao avance tecnolóxico para que as empresas se interesen polos contratos”.

 

Os 80 paneis da cidade, levan co contrato caducado desde o 2016. Os actuais sistemas dixitais permitirían ao concello mostrar información en tempo real, ademais de ter maior atractivo para as empresas anunciantes debido á maior personalización das campañas que permiten os actuais sistemas.  “Dende a área de participación traballamos así en modernizar a relación do Concello coa Veciñanza”, indicou Cristina López.

O Concello estuda integrar os paneis publicitarios das paradas de bus, no contrato dos paneis informativos