O Concello de Lugo despediu os restos mortais de Uxío Novoneyra

Uxío Novoneyra estivo enterrado, ata a súa saída cara O Caurel no día de hoxe, no Cemiterio Municipal de San Froilán

No Caurel, os seus restos, xacerán na finca da súa casa tal e como o foi o desexo do escritor

O Concello de Lugo despediu os restos mortais de Uxío Novoneyra

Lugo, 14 de xaneiro de 2021. Partiron cara o Courel os restos mortais do escritor Uxío Novoneyra que permanecían enterrados no Cemiterio Municipal de Lugo. O cadaleito foi despedido ás 9:30 horas de hoxe coa presenza da familia do escritor, integrantes de todos os grupos políticos que compoñen a Corporación Municipal e representantes de difrentes institucións e entidades culturais. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, destacou a importancia da presenza de Uxío Novoneyra en Lugo e da súa categoría como escritor “contribuíu coa súa obra a poñer as letras galegas a nivel internacional, despois de pasar por Santiago e Lugo os seus restos deben rematar onde foi a súa vontade, no Caurel”.

 

Co cadaleito cuberto pola bandeira galega, diversas persoas da súa familia e do tecido cultural deron lectura a poemas e fragmentos literarios da autorio do escrito do Caurel. Como inicio da viaxe o gaiteiro Bruno Villamor interpretou o Himno Nacional Galego ante os restos mortais de Uxío Novoneyra. O cadaleito foi acompañado dunha coroa de rosas brancas doada polo Concello de Lugo.

 

Uxío Novoneyra  faleceu aos 69 anos en Santiago de Compostela, o 30 de outubro de 1999. O velorio do gran poeta da montaña lucense celebrouse no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingo de Bonaval. Foi enterrado en Lugo o 31 de outubro, no Cemiterio de San Froilán, en Lugo, nun acto multitudinario ao que tamén estiveron grandes amigos de Novoneyra.

O Concello de Lugo despediu os restos mortais de Uxío Novoneyra