O Concello de Lugo homenaxeará a Castelao cunha estatua polo 100 aniversario da revista Nós
Rubén Arroxo: “Lugo aínda non rendera este tipo de homenaxes a unha figura tan importante da historia de Galiza”
A Xunta de Goberno aprobou no día de hoxe a compra da estatua
Lugo, 10 de xuño de 2020. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou de que a xunta de goberno do día de hoxe aprobou iniciar o procedemento de compra dunha estatua coa que se prentende render homenaxe á figura de Castelao no 100 aniversario da revista Nós. Segundo indicou Rubén Arroxo, “con esta actuación queremos saldar unha débeda histórica que o Concello de Lugo ten coa figura de Castelao”. “Lugo é aínda non conta cunha figura adicada a unha das persoas máis importantes da historia e da cultura de Galiza”, afirmou Rubén Arroxo.
A estatua de Castelao colocarase na rúa da Raíña, en fronte do Hotel Méndez Núñez. Rubén Arroxo informou de que a localización escolleuse debido a que “se trata do lugar onde se realizou a cea posterior á I Asemblea Nacionalista de Lugo de 1918, na que Castelao estivo presente”.
Rubén Arroxo vinculou esta actuación ás xa levadas a cabo polas distintas áreas do goberno municipal, como a restauración das figuras dos escritores e escritoras do centro da cidade ou o traslado do busto de Xoán Montes á praza Maior, “á acción global do goberno municipal para revitalizar a estética da cidade e encher Lugo de Cultura”.