O Concello pide á Xunta concreción sobre a apertura dos postos da Praza e do Mercado nos sábados

O Concello pide á Xunta concreción sobre a apertura dos postos da Praza e do Mercado nos sábados

Lugo, 11 de febreiro de 2021. O Goberno Municipal, a través da área de Participacion vén de  reiterar a súa consulta á Xunta acerca da posibilidade de apertura do conxunto de postos da Praza de Abastos e do Mercado Municipal nas xornadas do sábado, segundo o estipulado nas últimas restricións impostas polo goberno galego.

A área de Participación facilitou ás vendedoras e vendedores afectados o contacto da Xunta de Galiza, como responsábel das restricións para que consulten as restricións específicas que se aplican á actividade que están a desenvolver.

O Concello pide á Xunta concreción sobre a apertura dos postos da Praza e do Mercado nos sábados