Cosme Pombo tachou de “electoralistas” as inauguracións “a contagotas” do PP

Cosme Pombo tachou de “electoralistas” as inauguracións “a contagotas” do PP

CosmeO parlamentario do BNG sinalou que o tramo do corredor de Bóveda “levaba tempo rematado” e criticou que “non se abre ata que Feijoo ten un día libre para vir cortar a cinta”

“Non deberían ter vergoña a aparecer por aquí, o 14 de xuño de 2010 xa veu anuncair que as obras do corredor rematarían antes de finais de 2011” sentenciou Pombo

Lugo, 6 de outubro de 2015. O parlamentario do BNG , Cosme Pombo, acusou ao partido popular de “deseñar as estradas para dar servizo aos periodos preelectorais e non para dar servizo á xente”. Pombo dixo que “a este rítmo a vía de altas presetacións Lugo – Monforte vai dar para catro ou cinco campañas electorais antes de que se remate”. Pombo dixo que “este tipo de inauguracións son electoralistas e fanse a contagotas para poder sacar fotos cada pouco tempo”.

Pombo lembrou como o 14 de xuño de 2010 Feijoo visitou as obras para anunciar que as obras do corredor Lugo  - Monforte estarían rematadas antes de finais de 2011 “estamos a finais de 2015 e aínda queda moito por facer”. Pombo sentenciou que “non deberían ter vergoña a aparecer opr aquí” e engadiu que “naquel momento incluso se atreveu o, daquela, conselleiro, Agusítn Hernandez a afirmar que  aquel mesmo día se abriran os sobres coa documentación técnica das 33 ofertas recibidas para redactar o proxecto do trazadodo desdobramento do corredor entre Nadela-Sarria, que saliiu a licitación, segundo el, no mes de abril de 2010.”

O parlamentario do BNG sinalou que o tramo do corredor de Bóveda “levaba tempo rematado” e criticou que “non se abre ata que Feijoo ten un día libre para vir cortar a cinta”. Pombo dixo que “non pode ser que axente vexa como as obras están rematadas, mais non se pode usar a infraestrutura que se paga cos nosos cartos ata que o político do PP ten un día libre para vir a facerse a foto”.

Cosme Pombo tachou de “electoralistas” as inauguracións “a contagotas” do PP