Para o BNG “Feijoo non paga a conta pendente con Lugo”

Para o BNG “Feijoo non paga a conta pendente con Lugo”

IMG_6325Para os nacionalistas os orzamentos da Xunta seguen deixando a Lugo abandoado e o PP non da solución ás cuestións que están pendentes

Nin a Tineria, nin o cuartel de San Fernando, nin a Residencia, nin o Plan Paradai teñen partidas previtas nos orzamentos do 2016

Lugo, 20 de outubro de 2015. O parlamentario do BNG, Cosme Pombo, fixo unha primeira valoración dos orzamentos presentados polo goberno da Xunta para o vindeiro ano. Cosme Pombo dixo que “son uns orzamentos impregnados dun marcado tuvo electoralista” e dixo que “non dan as contas de baixar os impostos e subir o investimento por eso ou vai incumprir o déficit ou estes orzamentos son papel mollado incluso antes de aprobárense”. Para o BNG “son os orzamentos dun goberno que sabe que está no fin do seu ciclo político e intenta salvarse á desesperada cuns orzamentos electoralistas e non críbeis”.

Pombo informou que, nin a Tineria, nin o cuartel de San Fernando, nin a Residencia, nin o Plan Paradai teñen partidas previtas nos orzamentos do 2016. “Nin tan siquera está previsto que se remate o auditorio” engadiu Cosme Pombo que tamén salientou que “o colexo do Sagrado Corazón, que xa foi anunciado como unha obra a executar polo partido popular, ten unha partida insuficiente de 500 mil euros”.

Otras das débedas históricas da Xunta con Lugo, é a sanidade que continuará á cola dos investimentos das catro provincias galegas. Pombo augurou que, no exercicio 2016, o HULA seguirá sen un servizo de hemodinámica as 24 horas e o edificio da Residencia continuará deteriorándose sen un uso certo.

Para o BNG “Feijoo non paga a conta pendente con Lugo”