O mantemento do mobiliario urbano ten que facerse en todos os barrios dixo Rubén Arroxo
Os concelleiros do BNG Asembleas Abertas visitaron o barrio de Lamas de Prado para comprobar o estado do mesmo
Arroxo lembrou que o pleno da corporación municipal aprobou fai uns meses a execución dun plan integral de actuación para a zona de Lamas de Prado
Lugo, 2 de outubro de 2015. Os concelleiros do BNG Asembleas Abertas visitaron o barrio de Lamas de Prado e comprobaron o mal estado de conservación do mobiliario urbán. Arroxo incidiu na necesidade de que se faga un mantemento periódico do mobiliario urbano nos barrios da cidade. Arroxo criticou a despreocupación do goberno municipal actual e tamén do anterior xa que parece que o único obxectivo é contratar a obra e despois todo o que se fai queda abandonado sen que ninguén se preocupe polo mantemento.
Dende o BNG Asembleas Abertas reclamouse o deseño dun plan de mantemento do mobiliario urbán que contemple a atención ao mobiliario instalado nos barrios e no rural do concello. É necesario que o centro da cidade e o casco histórico esté nunhas condicións óptimas, pero esto non quere decir que nos poidamos permitir ter os barrios desatendidos afirmou Arroxo.
Rubén Arroxo lembrou que no pleno da corporación, do pasado mes de marzo, foi aprobada unha proposición para demandar do Goberno municipal a realización e desenvolvemento dun Plan de Acción Integral do barrio de Lamas de Prado e Abella. Arroxo indicou que a situación na que se atopa o barrio de Lamas de Prado non é moi diferente á que se vive noutros barrios da cidade, sobre todo naqueles máis alonxados do centro. Para o BNG o abandono das rúas, a falta de limpeza, a presenza de barreiras arquitectónicas, etc, poñen en evidencia a falta de atención a unha das zonas con maior número de poboación do concello. Tratáse dun barrio que acolle a un grande número de residentes con problemáticas sociais específicas derivadas da concentración de vivendas sociais.
Rubén Arroxo lembrou que o BNG reclamou en múltiples ocasións a realización de programas específicos de atención a esta zona da cidade, que por ser barreira entre a zona urbana e a non urbanizada da zona da Abella ten características s que requiren accións específicas que este concello non desenvolve. Recentemente foron trasladadas ao BNG queixas dos veciños e veciñas xa que non houbo respostas concretas por parte das distintas concellerías para facerlle fronte ás situacións que se crean no día a día deste barrio da nosa cidade.