A DEPUTADA OLALLA RODIL AFIRMOU QUE  "O MUNDO NON PODE FUNCIONAR SEN AS MULLERES, PERO SOMOS NÓS AS QUE SEGUIMOS FUNCIONANDO CON DESIGUALDADE"

O BNG chama a "unha mobilización masiva" este 8 de marzo

A deputada Olalla Rodil afirmou que  "o mundo non pode funcionar sen as mulleres, pero somos nós as que seguimos funcionando con desigualdade"

O BNG chama a "unha mobilización masiva" este 8 de marzo




Lugo, 07 de marzo de 2025. O BNG chama ás mulleres de Lugo a mobilizarse o vindeiro sábado, 8 de marzo, día internacional da Muller traballadora. En Lugo, a parlamentaria do BNG, Olalla Rodil anunciou o apoio ás mobilizacións convocadas polos colectivos presentes na cidade, ademais do resto de mobilizacións que o movemento feminista organiza de cara ao 8 de marzo. "Fronte ao rearmamento do machismo só hai unha resposta clara, máis feminismo e máis mobilización" declarou Olalla Rodil.

Rodil aproveitou para facer un chamamento á participación nas mobilizacións previstas de cara ao Día internacional da Muller Traballadora, e afirmou que   "o mundo non pode funcionar sen as mulleres, somos nós as que seguimos a funcionar con desigualdade", declarou Olalla Rodil.

Rodil salientou que "é precisa unha resposta en chave galega que atenda á especificidade dos nosos problemas e poña solucións concretas ante a falta de actuación da Xunta e do Estado". Para a parlamentaria do BNG, "é preciso reforzar os servizos públicos, garantir o dereito á conciliación e a un sistema de saúde que non nos invisibilice". Rodil chamou á mobilización o 8M "para colocar os dereitos das mulleres no centro do debate".

O BNG chama a "unha mobilización masiva" este 8 de marzo